comercialvarela@comercialvarela.com
Todo tipo de traballos a medida en madeira

Todo tipo de traballos a medida en madeira

Comercial Varela, fabricamos todos os mobles a medida

Para facer realidade os seus proxectos, en Comercial Varela colaboramos con marcas e produtos de primeira calidade, na procura de acadar o mellor acabado, así como a garantía e a durabilidade de todos os nosos traballos.

Somos fabricantes e desenvolvemos todo tipo de mobles a medida, tanto en carpintaría interior como exterior, fabricando mobles de cociña e baño, vestidores, armarios encaixados, portas e marcos, escaleiras… Colocamos tarima e falsos teitos e vernizamos e lacamos todo tipo de produtos de madeira.

Ademais, construímos, reparamos e rehabilitamos tellados. Somos distribuidores de tellas Roofy, a tella máis lixeira e resistente. Para os nosos traballos contamos con materiais de primeira calidade de marcas para ofrecerlle á nosa clientela acabados de calidade.

Comercial Varela, fabricamos todos os mobles a medida

Algunhas das marcas coas que traballamos en Tebeaio, Carral

  • Logo Wurth
  • Logo Grass
  • Logo Finsa
  • Logo Roofy

Non se perda a nosa exposición en Tabeaio, A Coruña

Na nosa exposición de cociñas encontrará algúns exemplos dos traballos que levamos a cabo. Achéguese ata as nosas instalacións en Tebeaio, Carral, e asesorarémoslle sobre calquera proxecto que queira realizar.

Máis información

Vantaxes de adquirir mobles de madeira a medida

Vantaxes de adquirir mobles de madeira a medida

Como empresa especializada na carpintaría de madeira, en Comercial Varela en Tebeaio, Carral, levamos máis de 25 anos facendo e vendendo mobles a medida para cada cliente. Como profesionais do sector, coñecemos todas as vantaxes que ofrecen este tipo de mobles a medida, entre as que destacamos as seguintes:

  • Axústanse a calquera espazo
  • Deseño personalizado e único
  • Maior durabilidade e calidade
  • Mellor capacidade de almacenamento

Ofrecendo produtos de calidade e adaptados a tódalas exixencias e necesidades da nosa clientela, facemos realidade calquera desexo que poida ter. Se todavía ten algunha dúbida ou quere máis información, non dubide en visitar as nosas instalacións en Tabeaio na provincia da Coruña.

Encargue os seus mobles a medida en Carral

En Comercial Varela fabricamos todo tipo de produtos a medida en madeira. Déixese asesorar polo noso equipo e consiga mobles de calidade e totalmente adaptados as súas necesidades.