Comercial Varela, reformamos todo o que precise
En Comercial Varela realizamos a reforma integral da súa cociña, baño, vivenda, casa ou local comercial. A nosa experiencia permítenos ofrecer á nosa clientela os e con experiencia en todos os traballos presentes na reforma: albanelaría, fontanería, electricidade, pintura, carpintaría…
Executamos todo tipo de obras, dende pequenas reformas da súa cociña ou baño ata a reforma total de vivendas, para acondicionalas e facelas habitábeis. Na nosa empresa en Tabeaio, Carral tamén levamos a cabo traballos de reparación e substitución nos tellados. Somos distribuidores de tellas Roofy, a tella máis lixeira e resistente do mercado, o que fai que sexan perfectas para antigas construcións nas que as paredes non están preparadas para soportar moito peso.
Se quere máis información ou que lle resolvamos algunha dúbida, pode contactar connosco. Dende Comercial Varela en Tabeaio estaremos encantados de axudarlle en todo o que precise.