Información e contacto:981 672 361

Comercial Varela, a súa empresa de mobles de cociña e baño en Carral.

Comercial Varela é unha empresa familiar con máis de 25 anos de experiencia no sector da carpintería de madeira. Dispoñemos de todos os medios necesarios para a fabricación e montaxe de mobles a medida.

Desenvolvemos todo tipo de traballos, tanto de carpintería interior como exterior: mobles de cociña e baño, armarios encaixados, vestidores, portas, marcos, molduras, colocación de tarimas, falsos teitos, escaleiras, pasamáns, vernizados, lacados, porches de madeira, pérgolas, tellados…

E, para completar a súa cociña, tamén poñemos á súa disposición electrodomésticos de primeiras marcas como Balay, Siemens, Bosch, Teka…

Ademais, realizamos traballos de reformas. Cambiamos de maneira integral a súa cociña, baño ou a vivenda completa. Contamos con profesionais altamente cualificados para a execución dos traballos e utilizamos os mellores materiais. Somos distribuidores de tellas Roofy, a tella máis lixeira e resistente do mundo.

Traballamos na procura da satisfacción final do traballo ben feito para o que contamos sempre coas necesidades dos nosos clientes.

Visite a nosa exposición de mobles de cociña, estaremos encantados de atendelo. Máis información