Albanelaría, fontanería, electricidade, pintura, carpintería...

Comercial Varela, cambiamos a súa cociña, baño, vivenda...

Anagrama Comercial Varela

En Comercial Varela realizamos a reforma integral da súa cociña, baño, vivenda, casa ou local comercial. A nosa experiencia permítenos ofrecer ós nosos clientes uns traballos de calidade con excelentes resultados, para os que contamos con profesionais altamente cualificados e con experiencia en todos os traballos presentes na reforma: albanelaría, fontanería, electricidade, pintura, carpintería…

Executamos todo tipo de obras, dende pequenas reformas da súa cociña ou baño ata a reforma total de vivendas, para acondicionalas para a súa habitabilidade.

Traballos en tellados

Anagrama Comercial Varela

Tamén executamos traballos nos tellados, de reparación e substitución. Somos distribuidores de tellas Roofy, a tella máis lixeira e resistente, o que fai que sexan perfectas para antigas construcións nas que as paredes non están preparadas para soportar moito peso.

  • Logo Tellas Roofy

Póñase en contacto con Comercial Varela e facilitarémoslle presuposto sobre os traballos de reforma que queira realizar

Máis información